ASOCIACIÓNS

Clube de lectura: O solpor da cupletista

  • Posted by gzcultura
  • On 23/06/2019
  • 0 Comments
  • lectura, queizán, solpor

O Clube de Lectura comentou onte esta obra de Mª Xosé Queizán que conta con dúas partes ben diferenciadas: un breve relato que recrea as últimas horas da protagonista, a Bela Otero, e unha reseña histórico-biográfica de Carolina Otero, baixo o título de A liberdade arrogante, resultando un un achegamento memorable á persoa, non tanto á lenda ou ao personaxe engaiolador que foi: a escea que se presenta é a cotidianeidade dunha muller anciá que antepón os recordos -bos e malos- á escaseza material e afectiva na que se atopa.

Portada do libro

Houbo coincidencia en canto ao maxistral tratamento da protagonista e á calidade da expresión, esa prosa coidada e fluída que enlea a quen le do mesmo xeito que facía a Bella Otero co público. En canto á trama valorouse o xeito de reflectir a exclusión social a finais do s. XIX; a referencia a mulleres coetáneas dela destacadas en distintos ámbitosa (Colette, por exemplo); a contraposición da decadencia física da artista e a súa precariedade económica nos últimos tempos cos momentos de esplendor vividos; a representación da clarividencia da nena primeiro, e da muller despois, con respecto á elección da mellor opción para ela en cada momento; tamén a maneira na que se amosa a súa capacidade para xestionar o seu único recurso (o seu corpo, obxecto de desexo para os homes e fonte de ingresos para ela) e a súa forza para enfrontarse a un mundo hostil sen apoio emocional. 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *