ASOCIACIÓNS
Queremos Galego no Congreso!

Queremos Galego no Congreso!

  • Posted by gzcultura
  • On 20/09/2023
  • 0 Comments
  • Lingua
A Federación de asociacións culturais galegas Galiza Cultura vén de se sumar, coa sinatura da súa Presidencia Xosé Manuel Carril, ao manifesto Queremos Galego no Congreso (podes acceder ao mesmo premendo aquí) que vindica o noso idioma en igualdade xunto coas demais linguas oficiais do Estado español, e que esta mañá foi presentado e acompañado […]
Read More
En marcha xa a X edición do Convivio da Cultura Galega

En marcha xa a X edición do Convivio da Cultura Galega

  • Posted by gzcultura
  • On 21/06/2023
  • 0 Comments
  • Lingua
Todo pronto para celebrar en Outeiro de Rei unha nova edición da Festa da Cultura que reunirá ao tecido asociativo galego O vindeiro sábado 8 de xullo celebraremos a nosa tradicional festa da cultura galega na que participan as asociacións do país que traballmos de cotío neste ámbito e, coma sempre, acollidos pola Casa-Museo Manuel […]
Read More
Medulio e Galiza Cultura levan a Ferrol a obra de Manuel Lourenzo

Medulio e Galiza Cultura levan a Ferrol a obra de Manuel Lourenzo

  • Posted by gzcultura
  • On 24/02/2023
  • 0 Comments
  • Manuel Lourenzo
Esta cuarta 1 de marzo, a Sociedade Cultural Medulio e a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura presentan en Ferrol a obra completa de Manuel Lourenzo editada pola propia Federación. Deste xeito, na Capela Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal, s/n), desde as 19.30 horas, o actor, director, dramaturgo e grande mestre do teatro galego durante […]
Read More

Visita ao Panteón dos Reis e das Raiñas de Galiza

  • Posted by gzcultura
  • On 01/12/2022
  • 0 Comments
  • patrimonio
Nesta pasada terza 29 o noso Grupo de Divulgación Patrimonial participou nunha visita guiada ao Panteón dos Reis e das Raíñas de Galiza, dentro da Catedral de Santiago. A actividade estivo organizada polas nosas entidades federadas, a Agrupación Cultural O Galo e a Asociación Cultural e Musical Solfa, e máis a Plataforma Vía Galega, coa […]
Read More

Iniciativa popular para restituír a letra do Himno galego

  • Posted by gzcultura
  • On 29/11/2022
  • 0 Comments
  • Himno galego
Esta mañá, no rexistro da Cámara, María Antonia Pérez, a nosa vicepresidenta, Anxo Louzao, voceiro de Vía Galega, Manuel Ferreiro, catedrático da UDC e investigador do himno, Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Paulo Carril, secretario xeral da CIG, e a escritora e profesora da UDC e expresidenta de Galiza Cultura, María Pilar […]
Read More

A poesía ten nome de muller. Poetas galegas contemporáneas

  • Posted by gzcultura
  • On 18/11/2022
  • 0 Comments
  • Club de Lectura
A nosa poesía actual ten nome de muller. E queremos celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller destacando que a nosa literatura, máis viva ca nunca, ten de protagonista a muller. Ana Romaní, Marta Dacosta, Dores Tembrás, Clara Vidal, Rosalía Fernández Rial, Yolanda Castaño, Lucía Aldao, Luz Pozo Garza, Eli Ríos, […]
Read More

Saleta Goi en Manuel María

  • Posted by gzcultura
  • On 21/10/2022
  • 0 Comments
  • Club de Lectura
Aínda conmociondas e conmocionados polo pasamento de Saleta Goi, referente da nosa cultura, colaboradora incansábel da nosa Federación e do noso tecido cultural en xeral, queremos, coma non, renderlle homenaxe no noso Club de Lectura. Deste xeito, o vindeiro sábado 29, a partir das 18 horas, queremos rescatar toda a influencia exercida na obra do […]
Read More
Galiza Cultura gozou o IX Convivio da Cultura Galega

Galiza Cultura gozou o IX Convivio da Cultura Galega

  • Posted by gzcultura
  • On 10/07/2022
  • 0 Comments
  • Club de Lectura
Xornada de festa mais tamén de traballo a vivida onte en Outeiro de Rei. A Casa-Museo Manuel María acolleunos, doutra volta, no IX Convivio da Cultura galega. E entre as máis 20 entidades que hoxe conformamos a Federación aproveitamos para poñer en comun proxectos e gozar dunha festa xa tradicional. Comezamoa cedo, primeiro cunha benvida […]
Read More

O IX Convivio da Cultura galega será o vindeiro 9 de xullo

  • Posted by gzcultura
  • On 10/06/2022
  • 0 Comments
  • Club de Lectura
Galiza Cultura ultima, xa, as preparacións do que será o IX Convivio da Cultura galega. Como en anos anteriores a Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei acollera esta festa da cultura galega que organizamos máis de 20 entidades culturais espalladas por todo o país. Deste xeito, este IX Convivio da Cultura ten previsto celebrarse […]
Read More

Florencio Delgado Gurriarán e Valdeorras infinda

  • Posted by gzcultura
  • On 20/05/2022
  • 0 Comments
  • Club de Lectura
Antes do parón estival, provocado máis ben por concentrármonos nas actividades que imos desenvolver en xuño e xullo, e como vimos facendo nos últimos anos, o Club de Lectura dedica na contorna do Día das Letras galegas a súa sesión á persoa que a Real Academia Galega homenaxea cada ano na data. E aproveitando a […]
Read More

End of content

No more pages to load