ASOCIACIÓNS

Castelao maxistral na Cidade da Cultura

  • Posted by gzcultura
  • On 10/10/2019
  • 0 Comments
  • castelao, cidade da cultura, compostela, visita guiada

Para o día 19 de outubro Galiza Cultura convídavos a visitar a exposición “Castelao maxistral” instalada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Estampa de Castelao

Nesta exposición poderase ver por primeira vez no noso País a obra ‘A derradeira leición do mestre’, debuxada na Arxentina en 1945 polo artista de Rianxo e que nunca tiña saído do Centro Galicia de Buenos Aires.

A visita será gratuita debendo desprazarse os asistentes pola súa conta e comunicalo previamente a federacion@galizacultura.gal. Nesta ocasión o noso guía será Manuel Rei Romeu, especialista no autor rianxeiro.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *