ASOCIACIÓNS

‘As voces amadas’, a reflexión do mundo actual que nos achega o último libro de Lois Diéguez

‘As voces amadas’, a reflexión do mundo actual que nos achega o último libro de Lois Diéguez

  • Posted by gzcultura
  • On 06/03/2023
  • 0 Comments
  • Club de Lectura

Lois Diéguez vén de publicar a súa última obra, As voces amadas inxerida dentro da colección Literaria da editorial Galaxia. Segundo o propio Lois, a obra é unha compilación das súas obras anteriores mais, no fondo, trátase de por en destaque as dinámicas da robotización social, da progresiva e máis rápida alienación dos individuos e unha manifesta deshumnización, en xeral, da sociedade.

Porén, as reflexións que deixan os seus personaxes e as interrelacións que entre eles se establecen son froito da socialización e de trazar redes de unión que, en definitiva, amosan un conxunto de vivencias comúns compartidas.

A profundidade do libro é o que nos motiva para convocar esta nova sesión da aula de lectura e reunir ao grupo para falar devagar e ler varias das partes que ao noso xuízo destacan na reflexión e noutra visión da sociedade actual da que nos acostumamos a ver de cotío.

Será o sábado día 18, ás 17 horas, nas dependencias da Casa-Museo Manuel María. Até entón.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *