Alba de gloria no Pico Sacro
- Posted by gzcultura
- On 09/07/2020
- 0 Comments
A pesares das circunstancias impostas pola COVID-19, queremos manter este acto de lembranza do discurso de Castelao sobre a nosa historia e a nosa tradición cultural. A Federación Galiza Cultura leva a cabo a conmemoración deste acto desde que no 2011 se conmemorou o 125 aniversario de cando Castelao, quen acudiu até o Pico Sacro no 1924, xa refuxiado en Arxentina, simbolicamente volveu a este cumio ao escribir en Bos Aires Alba de Gloria.
En 2020, como sempre, subiremos ao Pico Sacro o sábado antes do Día da Patria Galega, que este ano cadra no 18 de xullo, e farémolo ás 12:30h. O discurso de recepción vaino realizar a escritora Yolanda Aldrei e despois, no curuto do monte, lerán os representantes das asociacións o texto da Alba de Gloria. Ao remate, iremos xantar ao ar libre na carballeira de Sucira, para o cal quen desexe participar ten que traer a comida da casa.
Por mor do COVID-19, o acto será restrinxido a unha representación reducida das asociacións culturais de Galiza Cultura, motivo polo cal pregamos a confirmación no caso de asistir persoas (dúas como máximo) que representarían a súa asociación. Lembrade que é imprescindíbel traer máscaras protectoras.
0 Comments