ASOCIACIÓNS

Alba de Gloria no Pico Sacro 2021

Alba de Gloria no Pico Sacro 2021

Alba de Gloria no Pico Sacro 2021

  • Posted by gzcultura
  • On 22/07/2021
  • 0 Comments

A Federación Galiza Cultura (FGC), comunica as asociación que a integran, que de novo e como sempre organizado pola AC. O Galo de Santiago e a AC. Vagalumes da Estrada, realiza ese acto que, sen interrupcións, se leva a cabo desde 2011. Ese ano conmemoramos o 125 aniversario de Castelao, quen acudiu persoalmente até o Pico Sacro no 1924 e, xa refuxiado en Arxentina, simbolicamente volveu a el cando escribiu o Alba de Gloria. A foto do cartaz deste 2021 é (coloreada) a que tiraron como lembranza Castelao e o grupo de amigos que peregrinaron ao Pico Sacro en 1924.  

Como desde hai unha década e sempre o sábado antes do Dia da Patria Galega, subiremos de outra vez ás 12 h ao sagrado Mons Illicinus, o sábado 24 de xullo de 2021 para ler no seu cumio ese precioso texto. Porén a celebración do décimo aniversario da subida e lectura do Alba de Gloria, pospoñémola para tempos mellores.

Gardaremos todas as normas que se requiren para acabar co COVID19.

Programa

2.00h.  Concentración na explanada do aparcadoiro. E desde alí comezaremos a subir o último tramo do monte até chegar a capela.

Na capela, o historiador Heitor Picallo lerá o texto que el escribiu para este acto e cando o remate seguiremos até o curuto.  

Izaremos a nosa bandeira na rocha que coroa o Pico Sacro, alí leremos o Alba de Gloria, cantaremos o himno e logo baixaremos até o camiño que conduce as covas.

Xantar-convivio nas táboas das insuas que forma o rio Ulla ao seu paso por Gres (Vila de Cruces).

Para asistir, por razóns de seguridade, compre comunicalo ao correo da Federación Galiza Cultura (federacion@galizacultura.gal) ou da A. C. O Galo (comunicacion@ogalo.gal)

Alba de Gloria 2021

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *