A poesía ten nome de muller. Poetas galegas contemporáneas
- Posted by gzcultura
- On 18/11/2022
- 0 Comments
- Club de Lectura
A nosa poesía actual ten nome de muller. E queremos celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller destacando que a nosa literatura, máis viva ca nunca, ten de protagonista a muller.

Ana Romaní, Marta Dacosta, Dores Tembrás, Clara Vidal, Rosalía Fernández Rial, Yolanda Castaño, Lucía Aldao, Luz Pozo Garza, Eli Ríos, Emma Pedreira, Lucía Novás, Miriam Ferradáns, Estíbaliz Espinosa, Mercedes Queixas, Pilar Pallarés, Olga Patiño, Marica Campo, Eva Veiga, María do Cebreiro, Helena Villar Janeiro, Antía Otero, Medos Romero, Chus Pato, Berta Dávila e, de seguro, poderiamos continuar cun relatorio maior, son hoxe en día referente das nosas letras, cuxos referentes históricos, Rosalía de Castro, Xela Arias, María Mariño ou Luisa Villalta, por citar algunha, abriron o camiño e foron referencia e influencia na nosa creación literaria.
Por iso queremos organizar unha sesión na que cada quen traerá un libro dunha das poetas galegas do século XXI que mais lle guste ou á que máis teña achegado e lera os seus poemas, para nos recitar unha das súas pezas. Logo abriremos unha conversa ao redor da poesía galega deste século no que falaremos de cales son os fundamentos, segundo cremos, desta grande proliferación da poesía con nome de muller na Galiza.
A actividade será o vindeiro 26, a partir das 18 horas, na sala auxiliar da Casa Museo Manuel María.
0 Comments