A obra de Luís Seoane na súa Fundación
- Posted by gzcultura
- On 01/06/2019
- 0 Comments
- coruña, patrimonio, seoane, visita guiada
O próximo 15 de xuño promovemos desde o Grupo de Patrimonio de Galiza Cultura unha visita guiada á Fundación Luís Seoane da Coruña onde se garda un patrimonio valiosísimo -fundamentalmente pintura, mais non só- do que é autor Luís Seoane, un dos grandes intelectuais galegos do século XX creador dunha obra pictórica sobranceira.

A visita será gratuita debendo desprazarse os asistentes pola súa conta e comunicalo previamente a federacion@galizacultura.gal.
A nosa guía será María Antonia Pérez, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e máxima especialista no artista coruñés sobre o que dispón de diversas publicacións.
0 Comments