ASOCIACIÓNS

A obra completa de Manuel Lourenzo xa dispoñíbel

A obra completa de Manuel Lourenzo xa dispoñíbel

A obra completa de Manuel Lourenzo xa dispoñíbel

  • Posted by gzcultura
  • On 21/10/2022
  • 0 Comments

A Federación de asociacións culturais Galiza Cultura pode avanzar que finalizamos a edición da obra completa de Manuel Lourenzo e xa está dispoñíbel.

Manuel Lourenzo cos sete volumes da obra completa

Desde hai algo máis de tres anos estamos co labor da súa edición. Coa propia colaboración de Manuel Lourenzo, facendo as correccións precisas, achegas documentais inéditas, mesmo traspapeladas ou esquecidas no seu arquivo persoal, e participando activamente na construción estrutural desta magna obra e coa axuda no proceso, aliás a súa corrección lingüística e corrección de forma, da profesora Cilla Lourenço Módia, fumos quen de ter preparados sete tomos onde se recollen unha parte importante dos 60 anos de historia do teatro contemporáneo galego, co único obxectivo de poñer a disposición das distintas compañías teatrais galegas para a súa representación e para goce do público en xeral, tanto como espectador coma lector, nunha acción estratéxica de fomento e creación da cultura e de protección, difusión, conservación e posta en valor do noso patrimonio cultural. Un compendio de obras que chega a cerca dos 300 títulos.

Presentación na Coruña da obra completa

Cada un dos sete tomos acubilla en torno das 800 páxinas que van plasmando de xeito cronolóxico a produción dramática de Manuel Lourenzo. Todos, xa, formarán parte do patrimonio colectivo da cultura galega, sendo o noso obxectivo dar traslado deles a cantas máis persoas, entidades, asociacións, colectivos, administracións e centros de ensino para o coñecemento xeral da dramaturxia contemporánea galega.

Deste xeito, a través do noso correo electrónico [federacion-arroba-galizacultura.gal], todas aquelas persoas interesadas en adquirir esta obra poderán escribirnos e procederemos a facilitar as indicacións precisas de como adquirir estes sete volumes.

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *