A Exposición “Nós de onte a hoxe” chega a Coruña
- Posted by gzcultura
- On 23/01/2020
- 0 Comments
- coruña, exposición, nós
A Federación Galiza Cultura inaugurará o próximo día 29 de xaneiro a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, na Coruña, coa colaboración da A.C. Alexandre Bóveda, integrada na Federación Galiza Cultura.

Galiza Cultura conmemora así o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de Outubro de 1920.
A exposición, que leva por lema Ser diferente e ser existente, conta cunha axuda da área de Cultura da Deputación da Coruña, e poderá visitarse na sala de exposicións municipal até o vindeiro 28 de febreiro.
0 Comments