A Coral de Solfa participa no Día de Rosalía
- Posted by gzcultura
- On 24/02/2020
- 0 Comments
A Coral da Asociación Cultural e Musical Solfa, integrada na Federación Galiza Cultura, participou o domingo 23 de febreiro no acto central do Día de Rosalía, celebrado no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Despois do saúdo do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, procedeuse a ler o Manifesto da AELG, na voz de Daniel Asorey, e comezouse coa lectura de poemas de Rosália a cargo de Jakson Renner Rodrigues Soares, María Novoa, Concha de la Fuente, Alexandre Espinosa, Imma António Souto, Miguel Pernas, Marilar Aleixandre, Pilar Astray, Miguel Fariña e Mercedes Queixas.
Antes da ofrenda floral, a Coral adicou a Rosália temas como O maio, Has de cantar, Carballos de Carballido ou Na morte de Castelao.
0 Comments