ASOCIACIÓNS

A Asociación Veciñal Agra distribúe o almanaque “2021 Parque da Agra xa!” entre os grupos municipais e concellarías

A Asociación Veciñal Agra distribúe o almanaque “2021 Parque da Agra xa!” entre os grupos municipais e concellarías

  • Posted by gzcultura
  • On 07/01/2021
  • 1 Comments

A Asociación Veciñal Agra distribúe o almanaque “2021 Parque da Agra xa!” entre os grupos municipais e concellarías para lembrarlles todos os días do ano a urxencia de habilitar unha zona verde para o barrio da Agra do Orzán. O calendario está ilustrado cunha multitude de rostros que mostran na máscara o lema “Parque da Agra xa!”.

Segundo a presidenta da Asociación veciñal Agra, María Gutiérrez Calvete: “A pandemia da COVID-19 evidenciou a necesidade urxente dunha zona verde no barrio da Agra; durante o confinamento, debería terse impulsado, non paralizado, a negociación entre o Concello da Coruña e o MITECO por cada centímetro de terreo onde poder plantarmos unha árbore.”

O lanzamento do globo da AEMET salvagardou do ladrillo o único terreo público onde aínda poder ter unha zona verde. “Cando soubemos que automatizaran este labor, visitamos o Observatorio e nos informaron de que unha parte do xardín e dous almacéns quedaran sen uso”. Esta nova situación causa temor e ilusión a un tempo: a marcha do globo abrirá a canceliña a un xardín público ou ao ladrillo?”. A Asociación veciñal Agra propón que se habilite canto antes o acceso público a esta zona verde: “semella doado substituír o valado da Canceliña por un sebe de loureiros e abrir un xardín dunha superficie semellante á da praza das Cunchiñas, coa vantaxe de que é de terra e pode ser habitada con árbores autóctonas (carballos, castiñeiros, acivros ramificados dende o pé, pradairos etc); os almacéns poderían habilitarse como servizos públicos e área cuberta para actividades colectivas”. Por outra banda, debería limitarse e protexerse a área dos instrumentos de medición e, mesmo, abrir o acceso rodado ao Observatorio pola rúa Páramo. “Gustaríanos que se mantivese a actividade do Observatorio porque é unha honra que un centro técnico e de investigación deste calibre estea no noso barrio”.

Na última semana de 2020 a prensa informou de que as negociacións se paralizaran dende que se declarou o estado de emerxencia. María Gutiérrez pregunta: “Como se pode xustificar ese abandono? Non era posible continuar con esa negociación cos medios telemáticos de que dispoñen ambas as institucións?”. O BNG informou á asociación veciñal Agra de que presentou unha pregunta e unha proposición non de lei que no Congreso, ademais dun rogo no Concello, para instar a devandita negociación. “Non sabemos se os outros grupos fixeron algo neste sentido en 2020; o concelleiro de Urbanismo acaba de comunicarnos a súa intención de retomar a negociación este ano. Oxalá en 2021 haxa máis colaboración e resultados positivos!”, expresa con optimismo a presidenta da asociación veciñal Agra.

1 Comment

Carlos
El barrio del Agra es el más denso de la ciudad (1 de cada 10 habitantes de Coruña es del Agra) y el más denso de toda Galicia. Por ello es un sin sentido edificar más en este barrio, lo que precisamos es un área de esparcimiento lo más grande posible y plazas de aparcamiento para los vehículos de sus habitantes, ya que los edificios de la zona, al ser antiguos, apenas disponen de ellas y, con las últimas reformas de calles del barrio, han menguado las plazas disponibles en las calles. Es una vergüenza que se paralizasen las negociaciones, otros proyectos de la ciudad han seguido adelante, la justificación de la pandemia es inaceptable, en realidad a los gobernantes esta zona les importa un pimiento, con perdón, pero es la realidad, y no es más que un castigo porque no aceptamos las propuestas de proyectos que implican edificación en la zona. Si esto ocurriese en el centro de Coruña hace decenios que estaría hecho el parque.

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *