30 anos sen Avilés de Taramancos, no noso Club de Lectura
- Posted by gzcultura
- On 18/03/2022
- 0 Comments
- Club de Lectura
Coincidindo co 30 cabodano de Xosé Antón Avilés Vinagre, Avilés de Taramancos, finado prematuramente por mor dun cancro o 23 de marzo de 1992, o Clube de Lectura da nosa Federación organiza unha sesión monográfica dedicada ao poeta noiés onde leremos os seus poemas máis significados amais de dar contexto á súa obra a respecto da emigración e a súa implicación persoal, cultural e política coa Galiza.

Nomeadamente, queremos aprofundar na súa obra na volta da emigración e xa de regreso na Galiza na década dos anos 80 do século pasado, no que se considera a última produción da súa segunda etapa e na cal a súa poesía busca os referentes míticos convértense no eixe articulador dos poemarios .
Deste xeito, será o vindeiro sábado 26, desde as 18.30 horas, logo de se celebrar a actuación de Fantoches Baj na Casa Museo de Manuel María, cado teñamos esta achega á obra do autor.
0 Comments