Novo proxecto da nosa asociación: Radio A Trastenda

Novo proxecto da nosa asociación: Radio A Trastenda

Novo proxecto da nosa asociación: Radio A Trastenda

  • Posted by atrastenda1
  • On 30 Xuño, 2021
  • 0 Comments

En breve xa poderedes gozar do novo proxecto posto en marcha pola nosa asociación: unha radio “on line”, Radio A Trastenda. Pretendemos axudar ao noso obxectivo fundamental de dar a coñecer e impulsar proxectos culturais da nosa comarca, A Barbanza, e da nosa localidade, A Pobra do Caramiñal, así como da cultura galega en xeral.

A radio funcionará a base de programas en podcast que estarán a disposición pública para a escoita de quen quixer, e ao mesmo tempo os programas terán un apoio en sendas contas de Spotify e You Tube.

En breve xa comezarán a súa andaina dous programas cos seus primeiros capítulos iniciais. Estade atentos e atentas ás nosas redes sociais onde iremos anunciando as novidades.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *