A ASOCIACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA (ACAB) fundouse na Coruña en agosto de 1976 e agrupa a un colectivo de persoas comprometidas coa lingua, a literatura e a cultura do país que traballa desde o asociacionismo cultural de base.

O intenso traballo sociocultural que realizamos ten como fin primordial contribuír a unha sociedade máis vertebrada, máis consciente e máis coñecedora do seu e con maiores cotas de igualdade entre homes e mulleres.
Para a AC Alexandre Bóveda é fundamental que o noso traballo dea ao protagonismo cidadá un papel relevante. Desde hai máis de 40 anos en ACAB traballamos para xerar dinámicas sociais a través da cultura que fomenten o coñecemento, a valorización da nosa propia historia, a identidade e a lingua e facelo desde o local, desde o máis próximo en contacto directo coas persoas.

Na nosa programación apostamos pola cooperación e a complicidade con outras asociacións (AELG, AS-PG, AV da cidade da Coruña, UDC, CRMH, CUAC FM, MMM, etc.) para agrandar na nosa actividade a dimensión máis social da cultura e ser ao tempo capaces de xerar contidos e discurso.

Ao tempo que mantemos outras dúas ferramentas dixitais como é o almanaque das Irmandades, un calendario de efemérides, en colaboración coa AS-PG,
www.almanaquedasirmandades.gal e a web do noso grupo de fotografía, Ollo de vidro www.ollovidro.gal

NOVAS

Trata de persoas e violencia sexual: as outras caras da violencia de xénero

O venres, 29 de novembro, ás 20 horas, Teresa Rodríguez Montañés, ofrece no noso local unha palestra baixo o título Trata de persoas e violencia sexual: as outras caras da violencia de xénero. Falar de violencia de xénero adoita ser equivalente a falar de mulleres mortas ou maltratadas a mans das súas parellas ou exparellas. Ese […]

Ecofeminismo: tecedeiras de redes

Na quarta-feira 27 ás 20 h, María Castelo, politóloga e activista ecofeminista, e Begonha De Bernardo Minho, engenheira agrónoma e activista, dentro do ciclo Para estar no mapa do mundo, falarão de Ecofeminismo: tecedeiras de redes. Se vermos as atividades e cuidados necessários para a vida como um fio, as tecedeiras são todas aquelas que com seus […]

Outra Actividade

Isto é un texto de exemplo para unha actividade

Ola mundo!

Bienvenido a Galiza Cultura. Esta es tu primera entrada. Edítala o bórrala, ¡y comienza a escribir!

ACTIVIDADES

29 Nov
Trata de persoas e violencia sexual: as outras caras da violencia de xénero
01:32 p.m.
27 Nov
Ecofeminismo: tecedeiras de redes
01:44 p.m.
6 Nov
Outra Actividade
03:39 p.m.
6 Nov
Ola mundo!
12:57 p.m.