Zarzuela “A man da Santiña”
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 4 Maio, 2026
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña
A segunda edición do festival Galiza canta lírico estrea a zarzuela “A man da Santiña”, composta por Marcos Mato sobre a peza teatral escrita por Ramón Cabanillas por encargo de Antón Vilar Ponte para a primeira montaxe do Conservatorio Nazonal do Arte Galego, impulsado polas Irmandades da Fala. A peza estreouse na Coruña o 22 de abril de 1919 no Pavillón Lino da Coruña. O empresario e filántropo Enrique Peinador publicou o manuscrito na imprenta do balneario de Mondariz en 1921.
A man da Santiña foi a primeira comedia contemporánea de costumes señoriais, vehiculada na lingua do país.
Retrata a vida da burguesía galega para elevar o idioma a contextos cultos. Tenta o autor adecuar o teatro aos novos tempos urbanos a través da vida cotiá da clase media e a burguesía, mostrando personaxes de certo nivel económico e social.
A obra destaca por demostrar que o galego é apto para temas delicados, fermosos e refinados, superando a visión de que fose unha lingua exclusiva para temas rurais.
Baixo a dirección musical de Marcos Mato, Marta Casas dirixe o espectáculo co seguinte elenco:
Cantantes: Marta Casas, Julia Portela, Sergio Malvar, Miguel Rivas, Pablo Nieves, Sara Reija, Teresa González e Chema Ares.
Músicos: Jorge García, Adolfo Alemany, Moisés Gestal, Pepe Ríos e Álex Ruiz.
No centenario de Na noite estrelecida, cal estrela irmandiña, a nosa lingua loce nos personaxes e no goce do público.
Este festival, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
A quen vai dirixido: público en xeral
Cando: domingo10/052026
Horario: 19:30 h
Duración: 75 minutos (cun descanso de 20 minutos en que poderemos saborear produtos de Bico de Xeado)
Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde
Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto: agra@galizacultura.gal

0 Comments