Xosé Iglesias presenta “Nación Mar”

Xosé Iglesias presenta “Nación Mar”

Xosé Iglesias presenta “Nación Mar”

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 12 Marzo, 2022
  • 0 Comments
  • acuarela, agra do orzán, álbum ilustrado, atlántico, barcos, carpinteiro de ribeira, Cee, Cetáceos, Costa da Morte, mariñeiro, mitos, Nación Mar, Navíos, Xosé Iglesias, Xurxo Souto
Presentación do álbum ilustrado "Nación Mar", de Xosé Iglesias
Presentación na Agra do álbum ilustrado “Nación Mar”, de Xosé Iglesias

O poeta Xosé Iglesias presentará o seu álbum ilustrado Nación Mar. Cetáceos, navíos, espíritos e mitos.

Os pobos do mar, todos, sen distinción, son un na súa diversidade cando se enfrontan ao entorno que lles trae a vida e, en moitas ocasións, a morte. Os seres mariños poden ser cazadores ou presas, e as dúas cousas ao mesmo tempo. Sempre misteriosos, como o mundo que habitan. As sabias culturas ancestrais nunca os esquecen e por iso nas súas narracións anímannos a coñecelos, respectalos e mesmo imitalos para alcanzar o éxito na eterna loita pola supervivencia.

Que ten a obra viva dunha embarcación no seu interior, se nón o mesmo corazón dos cetáceos?

Nación Mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia.

Cantas veces lle teremos que pedir perdón o mar? A todos os deuses que arpoamos.

As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións.

Fican nestas acuarelas as metamorfoses da vida.

Xosé Iglesias é un patrón de pesca da Galiza. Coas raíces ben chantadas na tradición ancestral do oficio de mariñeiro, herdado do seu bisavó, e toda unha vida tendo o océano como base principal do seu traballo.

O acto é gratuíto e de acceso libre ata encher o local.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *