Xosé Casal. Aproximación ao seu xeito de tocar e compoñer para gaita galega

Xosé Casal. Aproximación ao seu xeito de tocar e compoñer para gaita galega

Xosé Casal. Aproximación ao seu xeito de tocar e compoñer para gaita galega

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 18 Novembro, 2024
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, Música tradicional

Luís Bolón falará no noso local sobre Xosé Casal. Aproximación ao seu xeito de tocar e compoñer para gaita galega, o vindeiro venres, 22 de novembro ás 20 h.

Luís Bolón naceu na Coruña en 1995. Aos oito anos comeza os estudos regrados de Gaita Galega que complementa con formación en frautas traveseiras, percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Tamén asistiu a cursos con Carlos Núñez, Dani Bellón, Cristian Silva, Luís Prego, Aleix Tobias, Xisco Feijoo, Carmen Rey, Efrén López. Posteriormente estuda no Conservatorio Superior de Vigo con Lorena Freijeiro, Iván Abal e Carlos Castro, onde acada o título superior en interpretación dos Instrumentos da Música Tradicional e Popular.

Levou a cabo diferentes concertos e recitais por todo o país e participou como músico solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira de Cambre. Realizou a composición e interpretación musical da banda sonora da obra teatral Bath time. Como docente impartiu aulas na A.C. Arume de Caión, Universidade de Vigo, EMM Abegondo. Actualmente é director artístico de Cántigas da Terra e mestre de instrumentos populares na Escola de Música Sementeira de Cambre, ademais forma parte do grupo Os Melidaos e do colectivo Cantometrics.

A entrada é de balde e libre ata encher a capacidade do local.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *