XIIIº Convivio da Cultura Galega

XIIIº Convivio da Cultura Galega

XIIIº Convivio da Cultura Galega

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 5 Xullo, 2026
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, Casa-Museo Manuel María, Concello da Coruña, Federación Galiza Cultura

O vindeiro sábado 11 de xullo celebraremos en Outeiro de Rei a XIIIª edición do Convivio da Cultural Galega, organizado pola Federación Galiza Cultura, da que facemos parte.

A xeira comezará ás 11:15 h na Casa-Museo Manuel María, onde actuará a Coral Solfa. De alí, ás 11.45, sairemos camiñando cara ao cemiterio onde levaremos a cabo un pequeno acto en lembranza de Manuel María e de Saleta, trasladándonos logo para o campo de Santa Isabel.

Xa na carballeira de Santa Isabel, ao pé do río Miño, e antes do xantar, ás 12.30, teremos a actuación da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales. Nesta ocasión, a banda estará acompañada por Uxía, que alén de interpretar unha serie de composicións conxuntamente, cantará en solitario algunhas pezas do seu último traballo dedicado a Begoña Caamaño. 

Despois, poderemos desfrutar do xantar en convivio (a organización pon as mesas e cadeiras e cada un/unha trae a súa propia comida. Para reservar sitio nas mesas é necesario avisar antes das 17 h do 7 de xullo, martes, a través do whatsapp 698177621 ou por correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal).

A festa continuará pola tarde, ás 16.30, cunha foliada conducida por Xurxo Souto, e onde non faltará a música de Sons da Chaira, Música na Eira, Mestura de Nete, o grupo de cantos de taberna de Xermolos, Tradivivas Agra e Parabéns.

Importante (a ter en conta): ese día hai feira en Outeiro e recomendámosvos que deixedes, cando cheguedes, os automóbeis na zona que vimos habilitando estes últimos anos ao pé de Santa Isabel. Se queredes estacionar no mesmo Outeiro, antes do xantar, o mellor é deixar o automóbil no aparcadoiro que está ao longo do colexio de Outeiro.

Por outra banda, cunha axuda do Concello da Coruña fretamos un autobús que sairá da Coruña: as prazas son limitadas, polo que cómpre solicitar praza por correoa agra@galizacultura.gal antes do día 8 de xullo; terán preferencia as socias/os e grupos da Agra que participen nas actuacións; debe indicarse nome+apelidos+número de teléfono móbil de cada persoa que solicite praza. As persoas que obteñan praza serán cumpridamente informadas do lugar e horas de saída.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *