Visita guiada á exposición “Viñetas con memoria social I”

Visita guiada á exposición “Viñetas con memoria social I”

Visita guiada á exposición “Viñetas con memoria social I”

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 14 Setembro, 2026
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, banda deseñada, Concello da Coruña, exposición, loitas sociais, Memoria democrática, visita guiada

En setembro Tonecho Otero guiará a visita a dúas das exposicións da 29.ª edición de Viñetas desde o Atlántico, que dirixe Manel Cráneo, quen defende o papel da banda deseñada como ferramenta de reflexión e transformación social. «A mensaxe principal deste Viñetas é que reflexionemos sobre a sociedade na que vivimos e que esta reflexión nos leve a cambiar o mundo e transformalo», o cómic non debe limitarse ao entretemento, tamén debe servir «para unificar, para unirnos, para pensar en común e para reflexionar».

O martes, 15 de setembro, ás 17:50 h no Kiosko Alfonso visitaremos a exposición “Viñetas con memoria social I”, con mostras vinculadas ás loitas sociais (sufraxismo, loita  obreira das mulleres, feminismo, memoria histórica, denuncia social, sexualidades diversas etc.). Veremos dúas mostras de loita sindical feminista europea: La Virgen Roja + Sally Heathcote. Sufragista de Bryan Talbot e Mary M. Talbot; Jiujitsufragistas de Lisa Lugrin e Clément Xavier; e cinco mostras de memoria democrática e social na España do século XX: Que el fin del mundo nos encuentre bailando + La piel como única bandera, de Sebas Martín; O eco dos días rotos, de Alberto Taracido;  Paracuellos, de Carlos Giménez; Aquí donde estoy, de María Castro Hernández e Tyto Alba; e Caridad del Río, de Pep Brocal.

A visita guiads é de balde, mais por razóns organizativas, cómpre inscribirse: envíanos os datos (nome, apelidos e teléfono móbil de contacto) de cada asistente (as crianzas deberán ir acompañadas de titor/a adulto/a), por correo-e: agra@galizacultura.gal , por tf. 981261044 ou por whatsapp 604031338.

Prazos de inscrición para a visita do: ata as 23:59 h do luns 14 de setembro

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *