Visita guiada á exposición “Trazos” de David Pintor
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 13 Xullo, 2026
- 0 Comments
- Asociación Veciñal Agra, Concello da Coruña
Visita guiada por Tonecho Otero á exposición «Trazos» de David Pintor para este venres 17 de xullo ás 19 h no Kiosko Alfonso.
Esta exposición é a primeira gran mostra retrospectiva do ilustrador coruñés na súa cidade, na que se recollen as súas máis de tres décadas de traxectoria a través de diferentes formatos e linguaxes como caricaturas, debuxo de viaxes, ilustración editorial ou pezas experimentais. Móstranse tamén pezas inéditas creadas para a ocasión, nas que o artista explora novos temas como a música, a paisaxe ou Picasso. A mostra complétase con materiais audiovisuais e de proceso que permiten comprender mellor a práctica artística do autor, nunha proposta que reivindica o debuxo como ferramenta expresiva e vehículo de comunicación contemporánea.
As prazas son limitadas (mínimo 10, máximo 25 persoas), polo que cómpre inscribirse antes das 23:59 h deste mércores 15 de xullo: indica nome, apelidos e un teléfono móbil de contacto, en resposta a este correo-e: agra@galizacultura.gal , por tf. 981261044 ou por whatsapp 604031338. Cómpre agardar a confirmación da praza e a información da hora e lugar de encontro.

0 Comments