Urbanismo e convivencia

Urbanismo e convivencia

Urbanismo e convivencia

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 1 Novembro, 2021
  • 0 Comments
  • agra do orzán, Barrio, cemento, densidade, desigualdade, espazo público, especulación, humanizar, Parque da Agra Xa, servizos públicos, urbanismo, xustiza social

Do 1 ao 13 de novembro, no adro do Centro Ágora, dentro do programa “Agra no Ágora”, a Asociación veciñal Agra expón fotografías do barrio da Agra do Orzán, tiradas por Manuel Graña, Javier Iglesias, Natasha San Vicente e Quique Sotillo, participantes no proxecto DIVERS.O.S.

Ademais, co gallo do Día mundial do Urbanismo, o 8 de novembro ás 19:30 h. na aula 9 do Centro Ágora debateremos sobre “Urbanismo e convivencia” nun dos barrios máis densamente poboados do mundo. Na organización deste debate colaboramos a Asociación veciñal Agra, o Concello da Coruña e o Colectivo 1aun.

O Colectivo 1aun xorde entre o alumnado da Escola Técnica Superior de Arquitectura, da Universidade da Coruña, que procura novas canles de aprendizaxe un tanto afastadas dos modelos máis habituais no ámbito universitario; espazos de coñecemento complementarios que permitan expandir a curiosidade sobre “o concreto”. Destas buscas nace o Colectivo1Aun, unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo a investigación e o estudo do territorio e a súa divulgación. Agora mesmo forman parte desta: Roi García, Javier González, Valerio González, David Río e Fiz Seixo.

Moncho Branco, responsable dos parladoiros da Asociación veciñal Agra, moderará a mesa de debate en que participarán:

– Juan Díaz Villoslada, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

– Plácido Lizancos Mora, director da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña)

– María Novas Ferradás, arquitecta e investigadora

– Enrique Seoane Prado, profesor da ETSAC

Abordarán aspectos como: urbanismo: concepto e funcionalidade; a crise do urbanismo e as responsabilidades de urbanistas; urbanismo e desigualdade: cidadanía, xénero e urbanismo

urbanismo incluínte e comportamento urbano responsable; problemática do deseño incluínte en sociedades excluíntes: enfoque arquitectónico-social…

Talvez respondan algunhas cuestións: Como desenvolver un proxecto de mellora no barrio da Agra do Orzán? onde debemos focalizar os esforzos, no sector público ou no privado? Como mobilizar a un bo número de persoas que realizan no barrio unha parte importante (ou a totalidade) das súas plusvalías?  É importante contar coa sensibilización e mobilización da poboación inmigrante? De que xeito debemos facelo? Os técnicos e demais presentes nesta Mesa comprométense a abordar un anteproxecto de 3 ERRES, que abra as portas dun compromiso político e social?

Documentación:

  • Caderno introdutorio achegado polo moderador: https://drive.google.com/file/d/18jXZN3FnMccFQY8UFvlpxWYLxmZHzwhm/view?usp=sharing
  • Curriculum vitae de María Novas Ferradás: https://drive.google.com/file/d/1kNBh_DcLwK6vLrm1a6DDMzBeou-hEETO/view?usp=sharing
  • Curriculum vitae de Enrique Seoane Prado: https://drive.google.com/file/d/1KQ5gOJepoLg4-Xql1ounRt7vmEj93jRU/view?usp=sharing

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Exposición: do 1 ao 13 de novembro.

Debate: 08/11/2021 ás 19:30 h.

Enderezo:

Adro e aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organizadora:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto:

agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *