Lectura teatralizada de “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, de Castelao
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 18 Outubro, 2025
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Federación Galiza Cultura
Un ano máis a Federación Galiza Cultura, coa axuda de Cultura da Deputación da Coruña, coordina os actos en que participan asociacións de todo o país arredor do Día de Defuntos cunha lectura pública da peza “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete” escrita por Castelao e publicada en 1922 pola Editorial Céltiga de Ferrol.
Na cidade da Coruña será o venres 31 de outubro, a partir das 19.30 h no auditorio do Centro Ágora, grazas á colaboración do Concello da Coruña que incluíu este evento na programación Agra no Ágora de 2025. A entrada é libre e de balde.
As asociacións A.C. Alexandre Alexandre Boveda, A.C. Tempo Novo, A.C. O Facho, A.C.L.P. Roxín Roxal e Asociación veciñal Agra participan nunha lectura teatralizada para desvelarnos que, talvez, hai moita semellanza entre o alén e o aquén.
Ao rematar a lectura, a Federación Galiza Cultura convida o público asistente a celebrar un magosto no campo de chave que ofreceu a Asociación Os Mariñeiros, que tamén colabora nesta parte do evento.
A quen vai dirixido: público xeral
Cando: 31 de outubro de 2025 ás 19:30 h
Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.
• Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto: agra@galizacultura.gal

0 Comments