Un médico na aldea

Un médico na aldea

Un médico na aldea

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 10 Novembro, 2024
  • 0 Comments
  • Agrupación Tequexetéldere, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Concello da Estrada, Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada

Espectáculo musical que conta as peripecias vitais dun médico rural.

O dramaturgo e director Santiago Cortegoso dirixe este espectáculo musical que adapta o libro de relatos, de carácter autobiográfico, de Manuel Reimóndez Portela Un médico na aldea, interpretado pola agrupación Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada. O espectáculo está asegurado, pois haberá máis de 50 artistas que sobre as táboas interpretarán, cantarán, bailarán e tocarán en directo. Amais, esta obra contará coa ilustración en tempo real do narrado no escenario: Rosa Herráiz, también conocida como Rosa de Cabanas, vai debuxando nunha tableta o que acontece sobre as táboas, para proxectar os seus esbozos nunha gran pantalla integrada no decorado. A escenificación conta tamén coa utilería médica orixinal doada pola familia do médico Manuel Reimóndez Portela.

A peza conta as peripeciais vitais dun médico rural ao longo da súa traxectoria profesional amosando un xeito de entender a medicina cheo de humanidade que proclama a necesidade de loitar contra a superstición e a desconfianza do paciente nos medicamentos e proclamando a escoita coma mellor remedio contra a enfermidade. A historia parte dun rico anecdotario autobiográfico que describe de xeito ameno as moitas dificultades que acompañaban o día a día dun médico de aldea.

Este musical estreouse no marco das 10.ª Convergências Portugal- Galiza.

Este espectáculo visita o noso barrio coa axuda do Concello da Estrada e a Fundación Cultural da Estrada.

Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

FICHA TÉCNICA

Texto: de Santiago Cortegoso, a partir do libro de Manuel Reimóndez Portela Un médico na aldea

Dirección escénica: Santiago Cortegoso (Moaña, 1976), un dos dramaturgos de máis prestixio da súa xeración. É autor dalgúns dos textos máis premiados e representados dos últimos anos (Hamster, 0,7% Molotov, O furancho, Raclette, Casa O’Rei, A charca de Ulises…). Entre outros premios recibiu o María Casares por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios, Raclette e Invisibles, adaptación da novela homónima de Montse Fajardo. Desde 2010, dirixe Ibuprofeno Teatro, fundada en 2010, xunto á actriz e directora Marián Bañobre.

Coordinación musical: Xosé Lueiro

Produción: Agrupación Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE)

Iluminación: Javier Ayude

Son: Valentín Torrado

Reparto artístico: dez actores, cinco músicos, dez cantareiras, 16 bailadoras/es e unha ilustradora.

Duración: 60 minutos

Xénero: comedia dramática

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: sábado 30 de novembro ás 19:30 h

Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *