Featured Image

A guerrilla antifranquista en Galicia: lectura en clave comunitaria

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 27 Xuño, 2022
A guerrilla antifranquista é un fenómeno que pode ser analizado dende múltiples perspectivas. Nesta charla proponse unha moi concreta que ten que ver coa conexión entre a guerrilla e a sociedade. Non poñeremos o foco de atención, xa que logo, na explicación da configuración política e militar da guerrilla en Galicia, nin no retrato dos seus membros máis destacados, quizais aspectos máis coñecidos, senón na vertente social do fenómeno guerrilleiro. Trataremos de achegarnos ás pegadas que a súa presenza e as súas accións tiveron nas comunidades onde operaban e tamén ás redes de apoio que teceron os que “subiron ao monte”. A guerrilla armada non pode explicarse sen a denominada “guerrilla do chao”, que é fundamental tanto para entender o mantemento da loita armada contra o franquismo en Galicia como para comprender a propia desactivación dela.
Read More
 
Featured Image

A illa de Chelo

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 16 Febreiro, 2022
vibrante documental de Odette Martínez sobre a guerrilla antifranquista e a violenta represión militar na comarca ourensá de Valdeorras. Partindo do asasinato de seus pais e das súas vivencias de guerrilleira, Consuelo Rodríguez, Chelo, narra os crimes cometidos pola Lexión ao mando de Sergio Peñamaría de Llano, así como a loita heroica das guerrilleiras e guerrilleiros contra o franquismo e pola democracia.
Read More