Solfa no Festival A Galiza Coral

Solfa no Festival A Galiza Coral

Solfa no Festival A Galiza Coral

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 20 Setembro, 2026
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Concello da Coruña, Gosto de vivir a poesía, Música tradicional

A Asociación Cultural-Musical Solfa fundouse no barrio das Fontiñas de Compostela, no ano 1997. Centrou o seu traballo na formación musical da mocidade e no goce coa música, sempre co propósito de contribuír a reforzar e revalorizar a nosa cultura e a normalizar o noso idioma. O froito do traballo destes anos deu vida a unha banda de música, hoxe desaparecida, a unha coral e a un grupo de pandeireteiras.

Solfa fai parte do tecido cultural do noso país e acredita na importancia da riqueza cultural que atesoura Galiza. Conscientes de que o noso futuro como pobo pasa por recoñecérmonos e estimármonos como galegos e galegos. A nosa cultura, música e lingua identifícannos colectivamente e sitúannos no mundo. Por iso, Solfa procura coñecela, usala, divulgala e potenciala.

Con máis de cen pezas, o repertorio desta coral bebe da música tradicional galega e portuguesa. Tamén inclúe textos de poetas galegos e da lusofonía: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Francisco Añón, Cabanillas, Manuel María,  Fiz Vergara Vilariño, Fernando Lopes Graça…

Ten gravado un CD para difundir e enriquecer a nosa música.

Para unha nova edición do festival A Galiza Coral, Solfa, dirixida por David Lojo Ces, ofrece este programa:

Acordai

  • Acordai

Letra de José Gomes Ferreira

Música de Fernando Lopes-Graça

  • Torre de Hércules

Letra de Francisco Añón

Música de Francisco Tobar Cereijo

  • Negra sombra

Poema de Rosalía de Castro

Música de Joám Montes

Arr.: Joám Trillo

  • A Castelao

Poema de Manuel María

Música de X. Carlos Seráns

  • Olla meu irmao honrado

Poema de Celso Emilio Ferreiro

Música de Miro Casabella

Arr.: de Francisco Tobar Cereijo

  • Soia!

Poema de Rosalía de Castro (“Do íntimo”, Follas novas, 1880)

Música de Xosé Carlos Seráns

  • Chámanlle a Marquesiña

Letra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Música de Francisco Tobar Cereijo

  • Nosa Señora da Barca

Poema de Rosalía de Castro  (Cantares Gallegos)

Música de Francisco Tobar Cereijo

  • Costureiriña bonita

Popular galega

Arrxanxos de Francisco Tobar Cereijo

  • Verdes são os campos

Poema de Luis de Camões

Música Zeca Afonso

Arr.: Mário Roseira Dias

  • Ó rama, ó que linda rama

Popular portuguesa

Música de Adelino Martins

Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora”, este concerto é de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: 03/10/2026

Horario: 19:30 h

Duración: 70 minutos

Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *