Saúde e Sanidade. Crise de Atención Primaria ou do Sistema?

Saúde e Sanidade. Crise de Atención Primaria ou do Sistema?

Saúde e Sanidade. Crise de Atención Primaria ou do Sistema?

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 3 Marzo, 2026
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Sanidade pública, saúde

Charla de Ramón Veras Castro, médico de familia.

Preocúpannos os tempos de espera na sanidade, no plano individual que teñamos algún problema e non se nos atenda ben e nos tempos necesarios para facelo, pero, sendo isto lóxico e moi real, é certo que as estratexias de mellora da saúde máis eficientes e útiles están en gran parte fóra do sistema sanitario.

É clásico o estudo de Dever (1976), no que se demostra que a modificación dos estilos de vida e o coidado do medio ambiente beneficiaríanos máis que todo o gasto que facemos no sistema sanitario.

No 2008 a OMS publicou por primeira vez un estudo onde se demostraba o impacto dos determinantes sociais da saúde, isto é, o que se relaciona coa nosa vida: onde nacemos e crecemos, a educación, o traballo, as relacións sociais e o medio onde vivimos.

Na palestra repasarase esta estratexia de saúde e o que afecta ao sistema sanitario: listas de agarda, privatización, relación profesional dentro do sistema e a nova cultura profesional, o consumo sanitario e a necesidade de promoción de saúde e de participación social no servizo sanitario.

Será a primeira palestra de actualidade do programa Agra no Ágora 2026, en que colaboramos co Concello da Coruña. Como todas as actividades deste programa, son de entrada libre e gratuíta.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *