Rosalía: proclamar ao mundo que Galiza existe. Exposición e visita guiada

Rosalía: proclamar ao mundo que Galiza existe. Exposición e visita guiada

Rosalía: proclamar ao mundo que Galiza existe. Exposición e visita guiada

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 25 Maio, 2025
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Federación Galiza Cultura, Francisco Rodríguez, Rosalía de Castro, Vía Galega

A exposición, cedida pola Deputación da Coruña, está orientada para todos os públicos. Foi elaborada por Vía Galega e a Federación Galiza Cultura para popularizar, valorar e coñecer a verdadeira Rosalía, desterrar os estereotipos aos que foi sometida, amosar o seu espírito de muller valente e galega, consciente de selo, e a intención e orientación que guiou a súa obra.

Comisariada por Francisco Rodríguez, a mostra conta coa maquetaxe de Bruno Lopes e os debuxos de Pepe Carreiro. Os textos en galego de Rosalía reprodúcense conforme ás edicións recentes, 2022, da Fundación Rosalía de Castro. Un conxunto de vinte paneis, con textos de Francisco Rodríguez, conxugan tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de Rosalía de Castro: a súa biografía, o contexto histórico e socio-cultural en que se desenvolve e a orientación, o sentido e a vixencia da súa obra. Os contidos da exposición e o catálogo correspondente están dispoñibles en liña na páxina web de Vía Galega: https://viagalega.gal/inicio/rosalia-proclamar-ao-mundo-que-galiza-existe/

A actividade inclúe unha visita guiada polo comisario da exposición, Francisco Rodríguez, o martes 10 de xuño ás 17 h. O público asistente recibirá o catálogo da exposición agasallado pola Deputación da Coruña.

Todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

A quen vai dirixido: público xeral

Cando:

  • Exposición: 2-21 de xuño de 2025 no adro do Centro Ágora
  • Visita guiada por Francisco Rodríguez en martes 10 de xuño ás 17 h na aula 8 do Centro Ágora

Onde: Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *