Ricardo Carvalho Calero. Resenha e textos escolhidos
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 18 Outubro, 2024
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Gosto de vivir a poesía, Ricardo Carvalho Calero
A asociación veciñal Agra propón celebrar o aniversario de Ricardo Carvalho Calero con esta mostra elaborada pola Deputación da Coruña, que percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero a través de trece expositores que permiten coñecer a traxectoria vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol até o peche co titulado “Mestre de Compromisos”, onde se fai mención ás distintas homenaxes que recibiu antes do seu falecemento e tamén se recolle unha imaxe do alumnado da primeira promoción de Filoloxía galego-portuguesa da que foi profesor.
Esta exposición non se realizaría sen a colaboración das seguintes institucións e persoas. A todas, noso máis recoñecido agradecemento:
- Biblioteca Parlamento de Galicia
- Arquivo Colexio Fingoi
- Biblioteca Municipal de Ferrol
- Fundación Penzol
- Biblioteca de Galicia
- Biblioteca Museo do Pobo Galego
- Sermos Galiza
- Arquivo familiar Lourdes Courtier Ramos
- Arquivo familiar Margarita Carballo Ramos, María Victoria Carballo-Calero Ramos
- Documentación: Carmen Martín + Segundo Saavedra [ RdO Cultural ]
- Deseño gráfico: Pepe Barro
- Tratamento de imaxe e montaxe: Sebastián Rodríguez Outeda [ Expo.gal ]
- Pilar García Negro Fernando Nogueruela Siña Fernández María Casar
- Pepa Castro Esperanza Porto Rosa Méndez Marina Nistal
- Xosé Luís Pastoriza
- Tareixa Roca e M.C.
Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora”, a exposición e o espectáculo teatral son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra
A quen vai dirixido: para público en xeral
Cando: 19-31/10/2024
Enderezo: Vestíbulo do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde
Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto: agra@galizacultura.gal
0 Comments