Restos do franquismo na Coruña
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 19 Marzo, 2023
- 0 Comments
- Asociación Veciñal Agra, Manuel Monge, Memoria democrática
Palestra de Manuel Monge, vítima do franquismo, profesor, sociólogo e ensaísta. En xaneiro de 2019 enviou un amplo informe ao Consello Municipal da Memoria Democrática para eliminar a simboloxía franquista, que se tivo en conta na Memoria que presentaba o Instituto José Cornide en novembro de 2020. Manuel Monge publicou en 2020 o libro Os restos do franquismo en Galiza (Edicións Laiovento).
Monge enumerará na Agra algunhas das, cando menos 139 honras oficiais a golpistas e criminais fascistas, vixentes na cidade da Coruña en 2023. Tamén nos fará un resumo da súa proposta para incluír no programa de quen gobernar a cidade da Coruña:
- ELIMINACIÓN DA SIMBOLOXÍA FRANQUISTA
- HOMENAXE E ATENCIÓN AS VÍTIMAS DO FRANQUISMO
- LUGARES DE MEMORIA DEMOCRÁTICA
- A MEMORIA DEMOCRÁTICA NO ENSINO
- COLABORACIÓN CON ASOCIACIÓNS E INSTITUCIÓNS
ANEXO 1: CRITERIOS PARA A ELIMINACIÓN DA SIMBOLOXÍA FRANQUISTA
ANEXO 2: SIMBOLOXÍA FRANQUISTA NO CONCELLO DA CORUÑA (139)
Hai quince anos que se aprobara a Lei de Memoria Histórica e van cinco meses dende que se aprobou a Lei de Memoria Democrática (LMD), mais aínda quedan 139 símbolos franquistas na Coruña. Isto quere dicir que, ademais de leis, cómpre vontade política para acabar cos restos do franquismo.
Comunidades autónomas e numerosos concellos de Galiza e de todo o Estado aprobaron leis e mocións das que podemos aprender. Concellos importantes como Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Pamplona, Cádiz, Bilbao, por poñer algúns exemplos, retiraron xa as distincións a alcaldes da ditadura, mentres na Coruña acumulan 30, entre rúas e todo tipo de distincións.
Unha recente sentenza do Tribunal Supremo de 15 de decembro de 2022 marca xurisprudencia e sinala que para retirar a rúa ou distinción a unha persoa non é necesario demostrar a participación nos tres feitos históricos recollidos na LMD: sublevación militar, guerra civil e ditadura, senón que se considera un acto de exaltación se participou nun deles.
0 Comments