Representación “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, de Castelao

Representación “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, de Castelao

Representación “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, de Castelao

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 11 Outubro, 2026
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Área de Cultura da Deputación da Coruña, Concello da Coruña, Federación Galiza Cultura

Desde 2023, a Federación Galiza Cultura, coa axuda da Deputación da Coruña,
promove a celebración do Samaín popularizando a obra de Castelao “Un ollo de
vidro. Memorias dun esquelete” (Ed. Céltiga, 1922). O esqueleto protagonista
relátanos as súas memorias, que recollen as peripecias dunha existencia máis
alá da morte, sobre o mundo dos vivos. A través da mirada dese esqueleto,
“soterrado nun cemiterio de cidade pero moi atento ao que acontece fóra”, o
público poderá rir, reflexionar e recoñecerse nas situacións que Castelao retrata:
o drama da emigración, a defensa do idioma galego, o caciquismo, memoria
histórica… Temas que, máis dun século despois, continúan plenamente vixentes.
Na cidade da Coruña, membros da Agrupación Cultural Solfa e da
Agrupación Cultural O Galo, baixo a adaptación e dirección de Lucho
Penabade, encarnarán o relato sobre as táboas do escenario do Centro Ágora
o sábado 31 de outubro, a partir das 19.30 h no auditorio do Centro Ágora, grazas
á colaboración do Concello da Coruña que incluíu este evento na programación
Agra no Ágora de 2026. A entrada é libre e de balde.
Ao rematar a lectura a Federación Galiza Cultura convida o público asistente a
celebrar un magosto no campo de chave da Asociación Os Mariñeiros, que
tamén colabora nesta parte do evento.
A quen vai dirixido: público xeral
Cando: 31 de outubro de 2026 ás 19:30 h
Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010
A Coruña
Prezo: de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

  • Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da
    Agra do Orzán “Agra”
    Contacto: agra@galizacultura.gal
 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *