Que poden significar os BRICS a nivel mundial?

Que poden significar os BRICS a nivel mundial?

Que poden significar os BRICS a nivel mundial?

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 4 Xuño, 2024
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña

Palestra de actualidade de Duarte Correa, analista internacional e profesor de Xeografía e Historia; ademais colabora no xornal Nós Diario.

Desde hai uns anos na información sobre política e comercio internacional aparece o nome BRICS;  hai quen pronuncia este acrónimo falando de que son unha esperanza nun mundo convulso e hai quen o fai con medo por consideralos un perigo. Pero realmente sabemos que son?

Os BRICS son unha asociación de países e grupo económico, político e social creado hai 15 anos. Na actualidade concentran máis do 15 % do comercio global e o 42% da poboación mundial, sendo unha asociación en expansión, considerada polos EUA e a UE como un perigo para os seus intereses, aínda que os seus membros propoñen unhas relacións internacionais que tendan máis á cooperación que á competencia.

Este evento, como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Duración: 60 minutos

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: xoves 06/06/2024 ás 19:00h.

Onde: Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *