Por amor á palabra
- Posted by gzcultura
- On 11 Decembro, 2020
- 0 Comments
Espectáculo grellado de maxia con prebe de lingua situado no ano 109 d.CE. (despois de Celso Emilio) ou ano 2020 nalgunhas civilizacións.
“Por amor á palabra”, un festival para as familias, crianzas e adultas, será neste ano 2020 un intre máxico-lingüístico para lembrarlle ó google que aquí non sabemos onde están: Arteijo, Mugía, Rianjo nin Sangenjo.
Un feixe de sorpresas, participación da concorrencia e tamén cheo de: anormalidades decotío no uso do galego, a realidade laboral do idioma e a marabilla de posuír un “Monte Pindo” de fala propia, nun espectáculo de ilusionismo máis sorprendente que atopar un programa cultural na televisión.
En resumo, un encontro cun fío condutor:
“falar galego porque si, porque nos peta”.
Elenco: Fani Triana e Martín Camiña
A quen vai dirixido: Para público en xeral
Cando: 17/12/2020
Horario: 19.00 h
* Ás 18:30 h. abrirá a porta. Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos.
Duración: 90 minutos
Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Número de prazas: 88 + 3 para usuarias/os de cadeira de rodas.
Prezo: A entrada será de balde, mais agradeceremos achegas colaborativas para a caixa de alimentos que doaremos á Cociña Económica da Coruña; a achega só poden ser un quilo ou un litro de algún destes produtos: aceite de xirasol, garavanzos, lentellas, fabas, sal, café moído natural, azucre.
Requisitos:
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
• Organizadora:
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto:
agra@galizacultura.gal
0 Comments