
Por amor á palabra 2021: “Extra!” de Paco Nogueiras
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 8 Decembro, 2021
- 0 Comments
O festival Por amor á palabra presenta o espectáculo Extra!, o xornal musical de Paco Nogueiras. A actualidade convértese en melodía e canción neste xornal musical cheo de ritmo, bo humor e diversión para toda a familia: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos… noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!
Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.
As novas máis curiosas, sucesos especiais.
Os temas máis diversos podes coñecer,
os feitos máis recentes. Non os debes perder!
Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.
EXTRA! convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En EXTRA! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. EXTRA! é alegría, diversión , imaxinación e información.
EXTRA! EXTRAAAA!!! Se escoitas este berro é o momento de encher ben os pulmóns de aire e berrar con él EXTRA, EXTRAAAAA!!!.
Espectáculo patrocinado polo programa “Ágra no Ágora”, do Concello da Coruña, en colaboración coa Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral, a partir de 4 anos
Cando:
16/12/2021
Horario:
18:30 h
* Ás 18 h. abrirá a porta. Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos.
Duración:
60 minutos
Enderezo:
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Número de prazas:
523 (esta cifra pode variar en función das limitacións preventivas contra a pandemia COVID).
Os asentos adxudicaranse por orde de chegada. As portas abren ás 18 h.
Prezo: de balde
Requisitos:
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
• Organizadora:
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto:
agra@galizacultura.gal
0 Comments