Pola paz e contra as guerras (CANCELADO)
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 2 Outubro, 2025
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña
Nova edición do festival coordinado pola Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía, que fai parte do programa anual “Agra no Ágora”, financiado polo Concello da Coruña, deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra e desenvolto no Centro Ágora. O acceso libre e gratuíto.
A risa e a arte son o berro de Pallasos en Rebeldía contra a guerra e a inxustiza. Nesta gala especial uniranse o clown, a música e a palabra para construír un escenario de esperanza e rebeldía. Nesta ocasión atoparemos no escenario a Iván Prado, o clown rebelde que fai das gargalladas unha bandeira; Rendos Pequeno, coa súa enerxía para emocionar e facer reflexionar; Avelino González, mestre da palabra que nos fará rir e pensar e Mercedes Peón, a voz indomable que une tradición e vangarda en clave de liberdade.
Non perdas este encontro único para rir, soñar e celebrar a vida, porque cada risa é un acto de paz.

0 Comments