Poesía e teatro pola igualdade e a liberdade
- Posted by agra3
- On 24 Novembro, 2020
- 1 Comments
- Agra na Ágora, Igualdade, Os Quinquilláns, Poesía, Rosalía, teatro
Participantes na actividade Gosto de vivir a poesía, da asociación veciñal Agra, recitarán poemas para conmemorar o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
A continuación, Os Quinquilláns interpretarán A pluma viva de Rosalía.
A pluma viva de Rosalía
Baseada nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro.
Montaxe teatral sobre igualdade e liberdade a partir de textos de Rosalía de Castro
No ano 1864 Rosalía de Castro visita por sorpresa a imprenta de Soto e Freire en Lugo.
Catro textos brillantes, retranqueiros e satíricos da escritora están a punto de seren publicados, mais nas oficinas da imprenta acaba de acontecer un conflito moi violento e Rosalía vai descubrir que todo ten que ver con ela e a súa obra.
Rosalía de Castro – Tero Rodríguez
Manuel Soto Freire – Lucho Penabade
Vestiario – Bety Busto
Música – J. L. do Pico Orjais
Espazo escénico – Os Quinquilláns
Iluminación e son – Bandín Audio
Dramaturxia e dirección: Lucho Penabade. Tero Rodríguez
- Tipo de público: a partir de 9 anos e adultos/as en xeral
- A quen vai dirixido: para público en xeral
- Cando: 30/11/2020
- Horario: 19.00 h. Ás 18:30 h. abrirá a porta. Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos.
- Duración: 90 minutos
- Enderezo: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
- Número de prazas: 30
- Prezo: de balde
- Requisitos:
- Será de OBRIGADO cumprimento:
- O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
- Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
- O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
- Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
- Respectar a sinalización.
- Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
- RECOMÉNDASE:
- Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
- Actuar con responsabilidade.
- Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
- Contacto: agra@galizacultura.gal
1 Comment