Obradoiros de xullo: baile e percusión tradicional

Obradoiros de xullo: baile e percusión tradicional

Obradoiros de xullo: baile e percusión tradicional

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 25 Maio, 2025
  • 0 Comments
  • Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, baile tradicional, Concello da Coruña, Música tradicional, obradoiros, pandeireta, pandeiro, percusión tradicional

Ola,

Abrimos xa o prazo de inscrición para os cursos gratuítos de xullo de baile tradicional, pandeireta e pandeiro, para os que temos solicitada unha subvención da Deputación da Coruña. Sempre que as condicións metereolóxicas o permitan desenvolverémolos ao aire libre, na praza das Cunchiñas, de luns a venres, en quendas de mañá ou tarde:

·         mañá: de 11:30 h a 13:30 h

·         tarde: de 16:30 h a 18:30 h

o   Luns, mércores e venres, nas primeiras horas: pandeireta e nas segundas baile

o   Martes e xoves, nas primeiras horas pandeiro e nas segundas baile.

As prazas son limitadas e repartidas en grupos por idades (menores/maiores de 15 anos). Para inscribirse, deben indicarse:

  • Apelidos e nome
  • Teléfono de contacto
  • Idade
  • Actividade que quere: pandeireta, pandeiro e/ou baile
  • Nivel que se ten no dominio do instrumento ou actividade
  • Sesión que lle interesa: mañá ou tarde

Pode facerse a inscrición por correo electrónico (agra@galizacultura.gal) ou presencialmente no local veciñal (das 18 ás 20 h. de luns a venres, agás feriados).

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *