
Obradoiros de pandeireta e baile tradicional na rúa
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 4 Xullo, 2021
- 0 Comments
- actividade cultural, ao aire libre, Asociación Veciñal Agra, baile tradicional, obradoiro de baile, obradoiro de pandeireta, pandeireta, rúas do barrio da Agra, subvencionada pola Deputación da Coruña
Voltan os obradoiros gratuítos de pandeireta e baile tradicional nas rúas do barrio da Agra do Orzán no mes de xullo. Dirixidos á veciñanza de todas as idades. Ocasión de lecer interxeracional, ao aire libre, ocupando o espazo público.
Formaranse grupos de mañá e grupos de tarde, cun mínimo de dez persoas por grupo. Por mor da prevención da pandemia da COVID-19, debemos limitar os grupos a un máximo de quince persoas.
Serán de luns a venres, do 5 ao 30 de xullo.
Horarios:
– Das 11:30 ás 12:30h. pandeireta
– Das 12:30 ás 13:30h. baile
– Quenda de tarde: das 16:30 ás 17:30h e das 17:30 ás 18:30 h.
Desenvolveranse ao aire libre. Aínda que hai dous anos procuramos desenvolvelos en rúas diversas do barrio, a situación da pandemia aconsella limitar este ano só unha localización; serán na prolongación da rúa Barcelona, na altura dos números 68 e 83); se chover, faranse no local veciñal.
Información e inscrición: achegándose ao lugar indicado ou a través de
– correo electrónico: agra@galizacultura.gal
– instagram da monitora: @gaelinha
Subvenciona a Deputación da Coruña (https://www.facebook.com/daccultura/)
0 Comments