O ronsel do meu sentir

O ronsel do meu sentir

O ronsel do meu sentir

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 16 Marzo, 2025
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, Música tradicional

O venres 28 de marzo ás 19:30 horas, o mestre gaiteiro Xoán Carlos Rilo estará no local da nosa asociación, para presentar o seu novo disco, que pecha a triloxía O ronsel do meu sentir. Temas da súa autoría tocados coa dozura e sensibilidade que o caracteriza. Sentiremos en directo a súa gaita acompañada nos audios, doutros moitos instrumentos de vento, corda e percusión gravados por vinte músicos profesionais.

De seguro, non nos deixará indiferentes.

Máis información sobre Xoán Carlos Rilo na súa web: xoancarlosrilo.com
A entrada é libre, ata encher a capacidade do local.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *