O reino galego medieval
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 15 Xullo, 2023
- 0 Comments
- agra do orzán, Asociación Veciñal Agra, Historia, Memorial Carlos Parrado, Paco Rodríguez
Francisco Rodríguez falaranos da singularidade do reino de Galiza no conxunto peninsular da Idade Media, cunha preponderancia sempre ocultada e negada pola historiografía españolista.
Contar a historia medieval como realmente foi revela unha realidade que bota por terra crenzas míticas e sitúa a orixe do primeiro reino cristiá na Península na Galiza, e coloca este reino e as súas creacións, iniciativas e proxeccións, como a entidade política máis relevante fronte ao mundo musulmán, durante varios séculos.
Entenderemos así a riqueza e magnitude dos monumentos (o idioma, a catedral de Santiago de Compostela, os tombos etc.) que chegaron aos nosos días, sobrevivindo ao alleamento. A nosa historia, o noso orgullo!
0 Comments