O Estatuto de Autonomía de Galiza. Da Asemblea da Coruña ás Cortes no exilio (1931-1945)

O Estatuto de Autonomía de Galiza. Da Asemblea da Coruña ás Cortes no exilio (1931-1945)

O Estatuto de Autonomía de Galiza. Da Asemblea da Coruña ás Cortes no exilio (1931-1945)

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 21 Xuño, 2026
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, Memoria democrática

A segunda palestra de 2026 do noso Memorial Carlos Parrado: a nosa historia será a cargo de Uxío Breogán Diéguez Cequiel coa conferencia “O Estatuto de Autonomía de Galiza. Da Asemblea da Coruña ás Cortes no exilio (1931-1945)“. A entrada é libre ata encher a capacidade do local.

A loita pola Autonomía de Galiza é unha realidade que asociamos ao plebiscito do ano 1936, mais o certo é que o proceso arrancou legalmente nunha multitudinaria asemblea de concellos no ano 1931 e que concluíu no ano 1945, en pleno exilio. Á fronte do proceso foron varias as figuras de referencia, destacando Alexandre Bóveda, Enrique Rajoy Leloup e Daniel Rodríguez Castelao, desenvolvéndose entre o tempo republicano e un exilio no que a República española procurar sobrevivir, mentres a ditadura franquista estaba a fraguar.

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (Madrid, 1978): é profesor da Universidade da Coruña. Doutor en Historia Contemporánea pola Universitat Autónoma de Barcelona. Director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC e presidente desde 2011 do Instituto Galego de Historia (anteriormente, entre 2001 e 2011 presidente da Asociación Galega de Historiadores). Cofundador e director desde 2003 de Murguía, Revista Galega de Historia. Autor de numerosos libros en solitario e de capítulos de libros colectivos. En solitario destacan, entre outros, libros como A Asemblea de Concello de Galiza Pro-Estatuto (Fundación Alexandre Bóveda, 2002), Álvaro de las Casas Biografía e Documentos (Galaxia, 2003), Alexandre Bóveda nos seus documentos (Difusora, 2011) ou Nacionalismo galego aquén e alén mar, 1936-1975 (Laiovento, 2015); sendo coordinador e coautor de volumes como As Irmandades da Fala 1916-1931 (Laiovento, 2016), A Transición en Galiza (Laiovento, 2022), Nationalism on the Iberian Peninsula During the Early 20th Century (University of Nevada, 2021) ou Transición. Experiencias militantes, testimonios, reivindicaciones locales y cárcel (Sílex, 2024).

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *