O dentista musical

O dentista musical

O dentista musical

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 21 Decembro, 2025
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, saúde

O venres 26 de decembro ás 18h no local veciñal (rúa Entrepenas, 38, soto), Pablo Varela ofrécenos un concerto e a presentación do seu libro-disco “O Dentista Musical”, dirixido á cativada de entre 2 e 9 anos.

Trátase do primeiro proxecto musical dirixido a fomentar, de xeito divertido e alegre, a educación da saúde bucodental na infancia, e no cal participaron unha chea de músicos, entre eles Xurxo Souto, Caamaño e Ameixeiras, Iago Mourinho, Xiana Lastra, Carmen Rey, Icía Varela, Tonhito de Poi… e moitos máis.

O evento será aberto ao todo o público, de balde, así que vinde coas vosas crianzas para gozarmos cantando e bailando, e aprendendo a coidar o seu sorriso. Encheremos de felicidade o barrio do Agra do Orzán.

Saúde!

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *