O auto do Castromil, de Manuel María

O auto do Castromil, de Manuel María

O auto do Castromil, de Manuel María

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 5 Outubro, 2024
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Fundación Manuel María, Memoria democrática

A nova edición do festival “A fonética dos corpos”, que conforma o programa Agra no Ágora, tráenos ao barrio da Agra este espectáculo de Producións Teatrais Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galego. Con este proxecto Excéntricas gañou o III concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.

O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.

“O Auto do Castromil” está feita con anacos das obras de Manuel María: “A rebelión dos baús”, “O auto dos semulados da Caravilla”, “Unha vez foi o trebón”, “Abril de lume e ferro” e o “Entremés da OTAN”

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Ficha Artística e Técnica

  • Elenco Rocío González. Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez
  • Autor: Manuel María
  • Escenografía e Indumentaria: Carlos Alonso
  • Iluminación: Octavio Mas
  • Música: Piti Sanz
  • Atrezzo: Kukas Producións Artísticas
  • Noticieiro Cinematográfico: Marcos PTT
  • Fotografía: Sabela Eiriz
  • Deseño Gráfico: Milicia Gráfica
  • Técnicos en xira: Javier Gey e Pepe Quintela
  • Axudante de Dirección: Mon Serodio
  • Xefe de Produción: Rubén G. Pedrero
  • Dirección e Dramaturxia: Quico Cadaval
  • Duración: 70 minutos

Este festival, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: xoves 17 de outubro ás 20:15 h.

Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde. Non fai falla retirar billetes nin reserva previa.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *