Noite de fado: concerto de Iria Estévez , Tiago Correia, Artur Caldeira e Daniel Paredes
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 2 Xaneiro, 2024
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra
A mediados do s. XIX unha importante comunidade de emigrantes galegos, moraba nos barrios pobres de Lisboa. Eran coñecidos polo seu carácter traballador e honrado. As tascas e tabernas de galegos, en Alfama, Mourería e outros barrios, tiñan moita sona.
Naqueles tempos, nas noites das tascas lisboetas, envolto en misterio e saudade, soaba un novo canto do pobo, que ascendía nos ventos sobre a cidade… Nacía o fado.
E co fado como nexo de unión entre as saudades portuguesas e galegas, a cantora galega Iria Estévez convida o fadista lisboeta Tiago Correia, para gozarmos dunha inesquecible NOITE DE FADO.
Este concerto, como todo o programa Agra no Ágora, de colaboración entre a Asociación Veciñal Agra e o Concello da Coruña, é de entrada libre e gratuíta.
Elenco: Iria Estévez…………………………. Voz
Tiago Correia……………………….. Voz
Artur Caldeira………………………. Guitarra portuguesa
Daniel Paredes …………………….. Viola
A quen vai dirixido: público en xeral
Cando: sábado 11/11/2023 ás 20:15 h.
Duración: 90 minutos
Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde
• Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
0 Comments