No celeiro dos versos, de Ricardo Seixo

No celeiro dos versos, de Ricardo Seixo

No celeiro dos versos, de Ricardo Seixo

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 10 Novembro, 2024
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Gosto de vivir a poesía

Ricardo Seixo presenta o seu poemario No celeiro dos versos xunto con Xosé García Alfonso, autor das fotografías que ilustran o libro, e o trío musical Maraxe.

O libro, prologado por Pilar García Negro, foi editado pola nosa asociación con axuda da Deputación da Coruña.

Ricardo Seixo Fernández (A Coruña-Curtis, 1950), xubilado do ensino –profesión que exerceu durante corenta anos–, dedica o seu tempo a facer activismo social a través da POESÍA, da MÚSICA e de partillar DIFERENTES ACTIVIDADES na Asociación Veciñal AGRA (barrio da Agra do Orzán na Coruña), na Eira da Xoana e polo país adiante nas presentacións dos libros e mediante calquera outro encontro en que a oportunidade de falar da Galiza así o requirir.

O denominador común dos seus poemas é a Galiza, a súa cultura e a problemática social que os seres humanos, en xeral, e os galegos e as galegas, en particular, viven cada día.

Cada un dos seus poemarios pretende ser unha chamada a tomar conciencia de que da acción colectiva depende a posibilidade de mellorar ou mudar o modelo de convivencia. Só a través do compromiso social colectivo se pode ser quen de construír unha outra realidade máis igualitaria e máis xusta.

Neste celeiro homenaxea persoas que, desde a poesía, dedicaron e dedican horas e horas a faceren grande a nosa cultura a través dos versos, da lingua e do seu compromiso cunha sociedade que precisa de se sentir importante e de se querer.

Xosé García Alfonso (A Coruña , 1954) viviu a infancia no rural barrio da Silva, a adolescencia na barriada proletaria das “Casas de Franco”, os estudos no Instituto Masculino e no da Agra, na Escola Normal…Di da súa colaboración neste poemario: “As fotos deste “Celeiro dos versos” que acompañan algúns dos textos sempre combativos e comprometidos do amigo Ricardo Seixo, tentan darlle un apoio expresivo e estético que non precisan.”

Algunhas das participantes na actividade “Gosto de vivir a poesía”, coordinada por Ricardo Seixo, farán unha lectura dunha escolma deste poemario.

O acto rematara cunha intervención musical do trío musical Maraxe.

como todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Duración: 70 minutos

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: xoves 21 de novembro ás 19:30 h

Onde: Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *