Mulleres na construción da nación galega

Mulleres na construción da nación galega

Mulleres na construción da nación galega

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 14 Febreiro, 2025
  • 0 Comments
  • Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Memoria democrática, Vía Galega

O xoves 20 de febreiro ás 20 h, Lucía Veciño presentará no local veciñal o caderno Mulleres na construción da nación galega, editado por Vía Galega coa axuda da Deputación da Coruña.

O caderno recolle sete estudos nos que se pon en valor o papel protagonista das mulleres na historia de Galiza de finais do século XIX e inicios do XX.

A través desta publicación coral, na que participan Aurora Marco, Pilar García Negro, Margarida Corral, Carme Vidal, Daniela Ferrández, Montse Fajardo e Lucía Veciño, repásase a impronta imborrábel e imprescindíbel das mulleres na guerrilla antifranquista, nas loitas obreiras e labregas, así como na construción e posterior reconstrución do nacionalismo galego e na loita polas liberdades sexuais.

Coa presentación desta pequena obra pretendemos contribuír á memoria e á historia dun pobo cheo de dignidade, combatividade e rebeldía rescatando do esquecemento as súas protagonistas.

As persoas asistentes recibirán un exemplar de agasallo.

A entrada é libre ata encher o local.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *