Morreu o demo, acabouse a peseta

Morreu o demo, acabouse a peseta

Morreu o demo, acabouse a peseta

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 2 Xaneiro, 2024
  • 0 Comments
  • A arte dos Silvent, Asociación Veciñal Agra, Barriga Verde, marionetas, monicreques, Morreu o Demo, teatro popular

O vindeiro martes 12 de decembro ás 20h., en colaboración coa Asociación cultural Morreu o Demo, inauguramos no local veciñal a exposición A arte dos Silvent e proxectaremos o documental Morreu o demo, acabouse a peseta.

A  familia levou o personaxe Barriga Verde polas feiras de todo o país. José Silvent, de ascendencia francesa, introduciu o personaxe desde Portugal e achegou como grande innovación o formato da barraca para o seu espectáculo. Os seus irmáns Julia e Santiago levaron as súas propias versións do espectáculo por diferentes áreas do país, e a familia en conxunto foi responsable da introdución do cinema en moitas aldeas de Galicia.

Barriga Verde foi o monicreque máis popular da Galiza no século XX  percorreu  da man da familia Silvent feiras e festas de todo o país entre os anos 10 e os anos 60. Esta mostra única de expresión teatral en galego quedou na memoria de varias xeracións con expresións como “Morreu o Demo, acabouse a peseta”. Ademais, supón a nosa forma autóctona dunha antiga tradición de monifates que se estende por toda Europa con personaxes como Guignol, Punch ou Pulcinella.

Os dez paneis da exposición mostran o espectáculo que facía Barriga Verde polas feiras de Galiza, a barraca, os fantoches, os trucos, as historias, as varietés

O documental dirixido por Pedro Solla e producido por Tintimán Audiovisual amosa o proceso de recuperación da barraca de Barriga Verde por parte dos membros da compañía Viravolta. ao mesmo tempo que se fai un percorrido por outros personaxes deste tipo de espectáculos da tradición europea.

Despois da proxección faremos un debate cos membros do equipo documental e de Viravolta, sobre a película e a situación dos monicreques e doutros elementos da sociedade tradicional na actualidade.

Ao final do acto abriremos a inscrición dun obradoiro para aprendermos a facer unha marioneta de papel.

O acto é de acceso libre e gratuíto.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *