Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)

Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)

Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 18 Outubro, 2024
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Gosto de vivir a poesía

Queremos homenaxear esta semana o noso presidente de honra, Manuel María, ofertando no programa Agra no Ágora esta exposición e a representación de “O auto do Castromil” este xoves, 17 de outubro, ás 20:15 h no auditorio.
A exposición, comisariada pola Casa-Museo Manuel María, reflicte a personalidade e evolución da obra de Manuel María, así como distintos aspectos da súa figura como a identificación coa terra e a paisaxe, o compromiso coa lingua, a diversidade de xéneros, o seu papel na literatura infantil galega ou a súa actividade política nacionalista. A mostra está composta por dez paneis elaborados a partir do material
achegado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
Como todas as actividades do programa “Agra no Ágora”, a exposición e o espectáculo teatral son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.


A quen vai dirixido: para público en xeral
Cando: 14-18/10/2024
Enderezo: Vestíbulo do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde
Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán
“Agra”
Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *