Manifestación polo parque da Agra

Manifestación polo parque da Agra

Manifestación polo parque da Agra

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 22 Abril, 2026
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, Parque da Agra Xa

Reunido o Colectivo Veciñal de seguimento do Parque da Agra, e unha vez coñecido o Plan de Urbanización que o grupo de goberno municipal pretende aprobar, queremos facer público o seguinte:

1.-Que queda claro que a veciñanza deste barrio non lle merece nin o máis mínimo respecto ao grupo de goberno.

2.-Que a proposta de urbanización que se pretende levar a cabo supón un “atentado” contra este barrio e consolida o que xa, no seu día, protagonizou o Sr. Francisco Vázquez permitindo que se construíse un barrio ao gosto dos especuladores e no que a calidade de vida da veciñanza nunca se tivo en conta.

3.-Que a proposta de máis formigón para o barrio máis densamente poboado e construído da cidade é unha burla, que non podemos nin estamos dispostos a aceptar.

4.-Que o que precisa este barrio son espazos verdes e para o lecer, e por eles imos seguir na loita. Por todo o exposto, o vindeiro sábado, día 25, a partir das 17:30 h, faremos unha MARCHA-MANIFESTACIÓN até o espazo aberto como “parque” hai unhas semanas, para facer público o noso rexeitamento á proposta do goberno municipal e seguir a exixir o PARQUE que o barrio precisa e en xustiza merece.

Saída dende a rúa Barcelona, 66, O pobo é quen máis ordena!

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *