Mangui, sempre en nós! Somos un pobo de artistas!

Mangui, sempre en nós! Somos un pobo de artistas!

Mangui, sempre en nós! Somos un pobo de artistas!

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 1 Abril, 2023
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Festival Con voz de primavera, IES Agra do Orzán, Orquestra bravú Xangai, Xurxo Lobato

O festival Con voz de Primavera, do programa Agra no Ágora 2023, en que colaboramos co Concello da Coruña, ofrece dous espectáculos vencellados:

O concerto da orquestra bravú Xangai “Mangüi, sempre en nós!” e o espectáculo “Somos un pobo de artistas” do alumnado do IES Agra do Orzán, que encherán de emoción o auditorio do Centro Ágora.

Xangai é a orquestra bravú. Unha formación que mestura a tradición orquestral coa distorsión do rock&roll.

En colaboración co alumnado do IES Agra do Orzán, dedicará o seu repertorio á historia da música popular galega.

A sesión será especialmente emocionante, pois vai ser tamén unha homenaxe a un ex-alumno deste instituto, o seu compañeiro Mangüi Martín, finado dun xeito inesperado en xaneiro deste ano. Un gran artista que principiou a súa relación coa música precisamente nos seus anos de estudante no IES Agra.

Mangüi, sempre en nós! Somos un pobo (e un instituto) de artistas!

Duración: 120 minutos

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: xoves 20/04/2023 ás 18:30 h.

Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *